Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21798

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de información pública sobre legalización de balsa de xurro en Amorín (Argozón).

Ganadería Poutón, S.C. solicitou licenza deste concello para legalización de balsa de xurro, no lugar de Amorín, parroquia de Argozón, neste municipio. De conformidade co establecido no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España, nº 1, de Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, se é o caso, para efectuar as correspondentes alegacións.

Chantada, 10 de maio de 2013

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde