En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométense a información pública por solicitude da empresa Tiraventos, S.L., as instalacións que a seguir se describen:
Título: Parque Eólico do Merendón.
Solicitante: Tiraventos, S.L.
Domicilio social: Poligono de Torneiros, s/n, A Relva, 36410 O Porriño.
Municipios afectados: Oia e O Rosal.
Superficie afectada: 412,63 ha.
Emprazamento: (coordenadas UTM).
Coordenadas da poligonal:
X |
Y |
X |
Y |
|
513.020 |
4.647.940 |
512.050 |
4.649.630 |
|
513.730 |
4.648.590 |
512.130 |
4.649.330 |
|
514.020 |
4.648.460 |
511.180 |
4.648.450 |
|
514.177 |
4.647.834 |
511.310 |
4.647.530 |
|
513.445 |
4.646.535 |
512.350 |
4.647.140 |
|
510.910 |
4.646.600 |
512.700 |
4.647.090 |
|
510.730 |
4.647.080 |
513.310 |
4.647.340 |
|
511.230 |
4.649.380 |
513.326 |
4.647.425 |
|
511.890 |
4.649.820 |
As coordenadas dos aeroxeradores son:
X |
Y |
511.887 |
4.649.513 |
513.694 |
4.647.781 |
510.949 |
4.647.084 |
511.137 |
4.646.869 |
511.473 |
4.647.196 |
511.761 |
4.647.031 |
513.775 |
4.648.317 |
Características técnicas do parque eólico:
• 7 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.
• Potencia total admitida: 21 MW.
• Produción neta anual estimada: 61.069,90 MWh/ano.
• Orzamento total: 23.532.748,81 euros.
Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:
• 7 transformadores de 3.500 kVA instalados no interior do aeroxerador cunha relación de transformación 0,40/30 kV.
• Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 30 kV.
• Subestación de manobra de 30 kV.
Obxecto da información pública:
• Estudo ambiental.
• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
• Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.
A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:
A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figuran no anexo que se insire con esta resolución.
O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas nesta xefatura territorial, sita na avda. Fernández Ladreda, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.
O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O proxecto sectorial poderase examinar nesta xefatura territorial e nos concellos de Oia e O Rosal.
Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concellos de Oia e O Rosal, e nesta xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, e poden presentarse ante ela cantas alegacións se consideren oportunas dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.
Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.
Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, cando intentada a notificación, non se puidese realizar.
Pontevedra, 6 de maio de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra