Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.
Denominación: adecuación CTC 09548 Edificio Avenida e RBTA para subministración eléctrica na r/ Das Laxelas, esq. Arcadio Pardiñas.
Situación: concello de Burela.
Características técnicas:
– Adecuación do CT 09548 Edif. Avenida (existente), consistente na instalación dun novo transformador de 160 kVA, en lugar reservado para ese fin, así como a correspondente cela de MT ao aire con fusibles para protección do transformador. Instálanse tamén as pontes de baixa tensión ata o novo cadro de baixa tensión.
– LMTS a 20 kV, con orixe no novo cadro de baixa tensión e final na CXP da nova subministración, cunha lonxitude de 236 metros en condutor tipo RV-95.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 15 de maio de 2013
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo