Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22645

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 27 de maio de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito á conselleira de Sanidade (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, nos das súas xefaturas territoriais, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unirlle á súa petición un currículum vítae e xustificar documentalmente mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/ha funcionario/a con destino noutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable no caso de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino ou dun mes, se está en localidade distinta ou se comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, excepto no caso de funcionarios/as doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Código do posto: SAS040000315770020.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Aprovisionamento.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo do posto: S.

Grupo: A1, A2.

Nivel C.D.: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Corpo ou escala: xeral/estatutario Sergas.

Adscrición a administracións públicas: A 16 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal estatutario do Sergas).

Formación específica: 640 (para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego) (R.I.).

missing image file
missing image file