Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23258

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de xuño de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, que foi aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a estas prazas todos/as os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), nos departamentos territoriais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículum vítae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/ha funcionario/a con destino noutra administración pública, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, que se considerará favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación no DOG, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou supón o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación no DOG, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución.

Oitavo. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Código do posto: ED.C99.50.101.15001.001.

Denominación do posto: director/a biblioteca.

Centro directivo: xefatura territorial (Biblioteca da Coruña).

Localidade: A Coruña.

Tipo do posto: S.

Corpo ou escala: especial.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 26.

Complemento específico: 11.295,36 euros.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios/as da Xunta de Galicia.

Formación especifica: 956 Facultativo/a Sección Bibliotecas (R.I.), 957 Axudante Sección Bibliotecas (R.I.).

Código do posto: ED.C99.50.101.27001.001.

Denominación do posto: director/a biblioteca.

Centro directivo: xefatura territorial (Biblioteca de Lugo).

Localidade: Lugo.

Tipo do posto: S.

Corpo ou escala: especial.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 26.

Complemento específico: 11.295,36 euros.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios/as da Xunta de Galicia.

Formación especifica: 956 Facultativo/a Sección Bibliotecas (R.I.), 957 Axudante Sección Bibliotecas (R.I.).

Código do posto: ED.C99.50.101.36560.001.

Denominación do posto: director/a biblioteca.

Centro directivo: xefatura territorial (Biblioteca de Vigo).

Localidade: Vigo.

Tipo do posto: S.

Corpo ou escala: especial.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 26.

Complemento específico: 11.295,36 euros.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios/as da Xunta de Galicia.

Formación especifica: 956 Facultativo/a Sección Bibliotecas (R.I.), 957 Axudante Sección Bibliotecas (R.I.).

Código do posto: ED.C99.50.101.36040.001.

Denominación do posto: director/a museo.

Centro directivo: xefatura territorial (Museo Massó).

Localidade: Bueu.

Tipo do posto: S.

Corpo ou escala: especial.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 26.

Complemento específico: 11.295,36 euros.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios/as da Xunta de Galicia.

Formación especifica: 958 Facultativo/a Sección Museos (R.I.), 962 Axudante Sección Museos (R.I.).

missing image file
missing image file