Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23122

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de xuño de 2013 pola que se amplía o prazo para a xustificación de gastos previsto na Orde do 28 de decembro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2012/13 (ED101C).

Pola Orde do 28 de decembro de 2012, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, anúnciase a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o curso escolar 2012/13 (ED101C) (DOG nº 9, do 14 de xaneiro de 2013).

No seu artigo 15 establécese como data límite para a xustificación dos gastos correspondentes aos centros que obtiveron financiamento mediante esta convocatoria para o curso escolar 2012/13 o día 30 de xuño de 2013.

Porén, por causas sobrevidas, o prazo inicialmente establecido resulta de difícil cumprimento para os centros poderen xustificar os seus gastos. En consecuencia, e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede ampliar o devandito prazo.

Polo exposto, de acordo coas competencias que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do prazo de xustificación

Ampliar ata o día 30 de xullo de 2013 (inclusive) o prazo límite previsto no artigo 15 da Orde do 28 de decembro de 2012 para a xustificación dos gastos correspondentes aos centros que obtiveron financiamento mediante esta convocatoria.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria