Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de maio de 2013 polo que se somete á información pública a modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese á información pública, para os efectos e durante o prazo que logo se precisa, a seguinte documentación:

– Modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee (A Coruña): sométese á información pública polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da Lei 10/1995, do 23 de novembro, e do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

Durante o prazo referido calquera persoa poderá examinar a dita documentación en horario de oficina nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sitas no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, en Santiago de Compostela, e no Concello de Cee, e presentar ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes. Así mesmo, e co obxecto da consulta, a documentación estará exposta na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2013

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo