Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT, CT e RBT para alimentación de planta de bombeo no concello de Paderne de Allariz (expediente IN407A 2013/16-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Concello de Paderne de Allariz.

Domicilio social: Rioseco, nº 7, 32111 Paderne de Allariz.

Denominación: LMT, CT e RBT para alimentación da planta de bombeo.

Situación: Paderne de Allariz.

Características técnicas:

LMT aereosubterránea a 20 kV, de 50 m en aéreo con condutor LA-56 e 260 m en subterráneo con condutor RHZ 3×95 Al e con orixe na LMT UFD VLL813 Pte. Gozos-CH Castadón e remate no CT proxectado de 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V, en apoio de formigón exterior.

RBT subterránea de 10 m con condutor RV.

Orzamento: 30.784,74 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 23 de maio de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense