Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23425

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2013/14.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, regula nos seus capítulos IX e X o acceso, a admisión e a matrícula nos ciclos formativos de grao medio e de grao superior.

A Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, na súa disposición derradeira primeira autoriza a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as normas precisas para o seu desenvolvemento, así como para fixar prazos diferentes aos previstos nesta orde para a admisión de solicitudes e para a formalización de matrícula.

Así mesmo, a Orde do 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial, regula nos seus artigos 5, 6 e 7 a admisión para esas modalidades, e na súa disposición derradeira primeira autoriza a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar as medidas precisas para a súa execución.

A Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, regula no seu capítulo IV as solicitudes de convocatorias extraordinarias, e na súa disposición derradeira primeira autoriza a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar as medidas precisas para a súa execución.

Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Aspectos xerais, prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación

1. Con independencia do réxime solicitado, ordinario ou de persoas adultas, e consonte o disposto na Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2013/14 serán os seguintes:

a) O prazo ordinario será do 17 de xuño ata as 13.00 horas do 2 de xullo.

b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 2 ao 12 de setembro ás 13.00 horas.

2. A documentación que cumprirá presentar será a establecida no artigo 12 da devandita orde, para ciclos formativos polo réxime ordinario, e no artigo 13, para módulos profesionais polo réxime para as persoas adultas na modalidade presencial, e a establecida no artigo 5 da Orde do 5 de novembro de 2010, para módulos profesionais polo réxime para as persoas adultas na modalidade a distancia ou semipresencial.

Á documentación achegaráselle o formulario complementario establecido no anexo I A) da Resolución do 12 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2012/13 (DOG do 18 de xuño), nos casos de acceso ao réxime de persoas adultas e de acceso aos ciclos formativos de grao medio no réxime ordinario.

Con todo, cando os estudos se realicen en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia e en ensinanzas ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, non cumprirá a achega da documentación relativa aos requisitos de acceso, agás naqueles casos en que a Administración educativa así o demande.

3. Con independencia dos requisitos xerais de acceso e de acordo coa disposición adicional segunda da citada Orde do 5 de xuño de 2007 e o artigo 31 da Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, a admisión ao ciclo formativo de grao medio de operacións subacuáticas e hiperbáricas requirirá ter dezaoito anos cumpridos no momento de presentación da solicitude, así como superar unha serie de probas físicas en instalacións en terra e en piscina, un exame médico, unha avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional e unha proba de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico.

Dado que por motivos de seguranza ou saúde a admisión neste ciclo formativo está ligada á superación de probas de carácter psicofísico, só se terán en conta as solicitudes presentadas nos centros que impartan estas ensinanzas.

Para a realización das devanditas probas as persoas aspirantes deberán achegar un certificado médico vixente no momento de presentación da solicitude.

4. O sorteo público para resolver a adxudicación de prazas en caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar, segundo se determina no artigo 9.5 da citada Orde do 5 de xuño de 2007, aterase ao disposto na Resolución do 22 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo a que fai referencia o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013. Conforme o resultado do sorteo, serán as letras U e K as de prioridade que afectan o primeiro apelido e, de ser o caso, as letras J e Ñ as que afecten o segundo apelido, para os efectos de resolución do desempate na orde de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2013/14.

Segundo. Procedemento de admisión e matrícula no período ordinario polo réxime ordinario

1. As secretarías dos centros, ademais de recoller as solicitudes para a admisión a ciclos formativos de graos medio e superior, cargarán os datos de inscrición para o primeiro curso na aplicación informática Ciclosadmision, facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

A consignación dos datos na aplicación informática realizarase desde o 17 de xuño ata as 14.00 horas do día 2 de xullo.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acceda con titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español deben consignar os datos na aplicación informática, e a puntuación outorgada polo expediente académico rexistrarase como pendente de cualificación. Para tales efectos o centro, que será o encargado de gardar a documentación orixinal e de velar por ela, procederá á remisión inmediata, a través da aplicación informática ou como determine a Subdirección Xeral de Formación Profesional, da documentación xustificativa dos requisitos académicos (artigos 22 e 12 da Orde do 5 de xuño de 2007, respectivamente).

O prazo para a súa recepción na Subdirección Xeral de Formación Profesional finalizará o día 3 de xullo.

3. Nos centros que reciban solicitudes de persoas que acrediten algún tipo de discapacidade, o xefe ou a xefa do departamento de orientación realizará un ditame de escolarización para o que contará, de ser necesario, coa axuda do equipo de orientación específico da provincia correspondente. Neste ditame, cuxa finalidade é a de proporcionar unha orientación específica ao alumnado, incluirase a proposta razoada de escolarización en función das necesidades do alumno ou a alumna que, en consecuencia, poderá modificar a súa solicitude.

O centro enviará polo trámite de urxencia, a través da aplicación informática ou como determine a Subdirección Xeral de Formación Profesional, a solicitude e a documentación a que fai referencia a alínea e) do artigo 12 da Orde do 5 de xuño de 2007.

O prazo para a súa recepción na Subdirección Xeral de Formación Profesional finalizará o día 3 de xullo ás 14.00 horas.

A comisión autonómica de escolarización, á vista desta documentación, valorará as limitacións para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas, co obxecto de garantir a eficacia da formación e do posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título, e emitirá ditame provisional de escolarización que remitirá a cada centro educativo o día 8 de xullo. Os centros deberán informar de xeito individualizado a cada unha das persoas incluídas na listaxe.

Logo de emitido o ditame provisional de escolarización, pódese presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta da comisión autonómica de escolarización nos días 9 e 10 de xullo. O ditame definitivo de escolarización emitirase o día 15 de xullo. Os centros deberán informar de xeito individualizado a cada unha das persoas afectadas.

4. As persoas solicitantes de admisión ao ciclo formativo de grao medio de operacións subacuáticas e hiperbáricas serán informadas no momento da inscrición polo centro que imparta o devandito ciclo da data, o lugar e a hora en que se vaia realizar a proba a que se fai referencia no punto 3 da disposición primeira desta resolución. Os resultados destas probas exporanse antes do 13 de xullo no taboleiro de anuncios do centro.

5. Os centros farán pública o día 5 de xullo a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida e das opcións de preferencia, que deberá aprobar o consello escolar ou consello social.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp.

Establécese un prazo de reclamacións ata o día 10 de xullo ás 13.00 horas.

6. Logo de resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar ou consello social correspondente, os centros terán de prazo ata o día 10 de xullo ás 14.00 horas para cargaren na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións. O día 15 de xullo farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a listaxe definitiva de solicitantes.

7. O día 16 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a primeira relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde aparecerán as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación. Esta relación e as sucesivas elaboraranse a través da aplicación informática de xestión facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e deberaas aprobar en cada centro o consello escolar ou consello social.

8. No prazo abranguido desde o día 16 ao día 18 de xullo ás 13.00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14.00 horas do día 18 de xullo para cargaren os datos na aplicación informática.

9. O día 23 de xullo, a comisión autonómica de escolarización publicará a segunda relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde han aparecer as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación.

10. No prazo abranguido desde o día 23 ao día 26 de xullo ás 13.00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14.00 horas do día 26 de xullo para cargaren os datos na aplicación informática.

11. Se logo de cada unha das adxudicacións a que se fai referencia nos puntos 7 e 9 anteriores existen prazas vacantes e non hai listaxe de espera, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá liberar as prazas vacantes do ciclo formativo ata o 31 de xullo ás 13.00 horas para aquel alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

12. No procedemento de admisión ao segundo curso, os órganos competentes serán os establecidos no artigo 14 da Orde do 5 de xuño de 2007.

13. No caso do alumnado que deba formalizar a matrícula no segundo curso por ter pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo e, de ser o caso, o módulo de proxecto, entenderase a presentación da solicitude como formalización de matrícula, para os efectos de tramitación dos correspondentes convenios para o desenvolvemento do referido módulo.

14. A comisión autonómica de escolarización poderá realizar a acumulación de prazas das diferentes cotas a partir da primeira adxudicación do mes de xullo.

Terceiro. Procedemento de admisión e matrícula no período extraordinario polo réxime ordinario

1. O día 3 de setembro publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a primeira relación extraordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde aparecerán as persoas solicitantes do prazo ordinario por orde decrecente de puntuación. Esta relación e as sucesivas elaboraranse a través da aplicación informática de xestión facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e deberaas aprobar en cada centro o consello escolar ou consello social.

2. No prazo abranguido desde o día 3 ao día 5 de setembro ás 13.00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14.00 horas do día 5 de setembro para cargaren os datos na aplicación informática.

3. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acceda con titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español procederán segundo se establece no punto 2 da disposición segunda desta resolución. O prazo para a recepción das solicitudes na Subdirección Xeral de Formación Profesional para proceder ao baremo dos expedientes finalizará o día 12 de setembro ás 14.00 horas.

4. Os centros que reciban solicitudes de alumnado con necesidades educativas especiais ou que acrediten algún tipo de discapacidade procederán segundo se establece no punto 3 da disposición segunda desta resolución.

O prazo para a súa recepción na Subdirección Xeral de Formación Profesional finalizará o día 12 de setembro ás 14.00 horas.

A comisión autonómica de escolarización emitirá ditame provisional de escolarización que remitirá a cada centro educativo o día 16 de setembro. Os centros deberán informar de xeito individualizado a cada unha das persoas incluídas na listaxe.

Logo de emitido o ditame provisional de escolarización, pódese presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta da comisión autonómica de escolarización desde o día 16 ao 17 de setembro ás 13.00 horas. O ditame definitivo de escolarización emitirase o día 19 de setembro. Os centros deberán informar de xeito individualizado a cada unha das persoas afectadas.

5. Os centros farán pública o día 16 de setembro a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida e das opcións de preferencia, que deberá aprobar o consello escolar ou consello social.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp.

Establécese un prazo de reclamacións ata o día 18 ás 13.00 horas.

6. Logo de resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar ou consello social correspondente, os centros teñen de prazo ata o día 18 de setembro ás 14.00 horas para cargaren na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións. A listaxe definitiva de solicitantes farase pública o día 23 de setembro nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

7. O día 24 de setembro publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a segunda relación extraordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde aparecerán as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación.

8. No prazo abranguido entre o día 24 e o día 26 de setembro ata as 13.00 horas, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14.00 horas do día 26 de setembro para cargaren os datos na aplicación informática.

9. Se logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes ou despois de cada unha das adxudicacións a que se fai referencia no punto 7 existen prazas vacantes e non hai lista de espera, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá liberar as prazas vacantes do correspondente ciclo formativo para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

10. A comisión autonómica de escolarización poderá realizar a acumulación de prazas de diferentes cotas a partir da primeira adxudicación do mes de setembro.

11. O proceso de matriculación neste réxime rematará o día 4 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Esta autorización farase por medio da aplicación informática que xestiona a admisión.

Cuarto. Procedemento de admisión e matrícula polo réxime para as persoas adultas nos períodos ordinario e extraordinario, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia

1. Os prazos de presentación de solicitudes serán os mesmos que os establecidos na disposición primeira desta resolución.

2. No caso do alumnado que acredite algún tipo de discapacidade ou do alumnado con titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español, procederase de acordo co establecido nos puntos 2 e 3 da disposición segunda desta resolución, ou 3 e 4 da disposición terceira desta resolución.

3. As datas de publicación das relacións provisionais do alumnado solicitante, os correspondentes prazos de reclamacións, as datas de publicación das relacións definitivas, as datas de publicación das relacións de persoas solicitantes adxudicadas, así como os prazos de matriculación, serán os mesmos que os establecidos para o réxime ordinario nas disposicións segunda e terceira desta resolución.

4. No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo e, de ser o caso, o módulo de proxecto, entenderase a presentación da solicitude como formalización de matrícula, para os efectos de tramitación dos correspondentes convenios para o desenvolvemento do devandito módulo.

5. As persoas solicitantes na modalidade a distancia ou semipresencial xuntarán, co correspondente formulario complementario establecido no anexo I A) da citada Resolución do  12 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 18 de xuño), un enderezo de correo electrónico para os efectos de activación do acceso á plataforma de teleaprendizaxe e comunicacións relacionadas con esta modalidade de formación.

6. Para os efectos do baremo para a admisión na modalidade semipresencial ou a distancia, cando se alegue experiencia laboral nun sector produtivo non relacionado co ciclo formativo a que pertenza o módulo profesional solicitado, será suficiente xustificación a presentación da vida laboral.

Quinto. Matrícula simultánea en ciclos formativos

1. O alumnado matriculado nun ciclo formativo, en bacharelato ou en ESO, poderá solicitar a autorización de matrícula simultánea de acordo co procedemento e nas condicións que se establecen no artigo 6 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

2. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 24 de setembro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera, ata o 27 de setembro. No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo e/ou o módulo de proxecto, de ser o caso, poderá solicitarse, a partir do 24 de setembro, en calquera momento do curso académico, co fin de efectuar a matrícula no devandito módulo nas condicións establecidas no artigo 6.5 da citada Orde do 28 de febreiro de 2007.

3. O Servizo Territorial de Inspección Educativa resolverá a autorización no prazo que abrangue desde o 30 de setembro ata o 4 de outubro, á vista dos informes de inspección dos centros implicados na solicitude, se existe unha compatibilidade horaria mínima do 90 %, que se deberá remitir ao centro educativo a través da aplicación informática que xestiona a admisión antes do remate do período de matrícula.

4. De acordo co artigo 6.2.d) da citada Orde do 12 de xullo de 2011, logo de concedida a autorización da matrícula simultánea, o alumno ou a alumna poderá formalizar a matrícula no centro educativo no prazo que abrangue desde o 7 de outubro ata o 11 de outubro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera.

Sexto. Solicitude de convocatoria extraordinaria

1. O alumnado que esgotara as convocatorias as que tiña dereito poderá solicitar a autorización dunha única convocatoria extraordinaria para poder rematar os seus estudos, de acordo co procedemento e nas condicións que se establecen nos artigos 11 e 12 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

No caso dos centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a dirección dará traslado das solicitudes ao centro público a que estea adscrito no prazo máximo de cinco días hábiles.

2. O prazo de presentación de solicitudes de convocatoria extraordinaria abranguerá desde o 17 de xuño ata o 16 de setembro, de acordo co establecido no artigo 12.5 da citada Orde do 12 de xullo de 2011. No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo, poderá solicitarse en calquera momento do curso académico co fin de efectuar a matrícula no devandito módulo nas condicións establecidas no artigo 6.5 da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. De acordo co artigo 12.4 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, logo de concedida a convocatoria extraordinaria, o alumno ou a alumna deberán formalizar a matrícula no ciclo formativo dun centro educativo que teña a condición de liberado para rematar os seus estudos.

Disposición adicional primeira. Erros no número do documento de identificación

De detectárense erros na aplicación informática no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través de reclamación, segundo o modelo de solicitude do anexo I B) da citada Resolución do 12 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 18 de xuño) e dispoñible na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

A esta solicitude deberáselle achegar unha fotocopia do documento de identificación e deberá estar asinada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Non cumprirá que o centro realice trámite adicional ningún coa aplicación informática.

Disposición adicional segunda. Número mínimo de solicitudes de matrícula

1. De acordo co artigo 19.4 da Orde do 5 de xuño de 2007, a formalización da matrícula nos centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quedará condicionada a que estea cargado na aplicación informática antes do 12 de xullo un número mínimo de doce solicitudes de primeira opción por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes de primeira opción en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos ciclos formativos de grao medio ou superior no réxime ordinario, ou para cada un dos módulos profesionais no réxime para as persoas adultas na modalidade presencial.

2. De acordo co artigo 8.2 da Orde do 5 de novembro de 2010, a autorización da oferta nos centros públicos de módulos profesionais dun ciclo formativo de formación profesional na modalidade a distancia e semipresencial quedará condicionada a que exista un número mínimo de vinte solicitudes de primeira opción antes do 12 de xullo para cada un dos módulos profesionais.

3. Un número menor de solicitudes daquel a que se refiren os puntos 1 e 2 desta disposición require a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha. Esta autorización farase por medio da aplicación informática que xestiona a admisión.

Disposición adicional terceira. Modalidades de bacharelato preferentes e materias vinculadas para cada ciclo formativo de grao superior

1. No caso do acceso a ciclos formativos de grao superior, a relación de modalidades de bacharelato preferentes e materias vinculadas será a que se recolle nos anexos I A) e I B) desta resolución.

2. En relación coa preferencia no acceso a ciclos formativos de grao superior establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, as modalidades de bacharelato de tecnoloxía e de ciencias da natureza e da saúde establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, terán a mesma consideración para os efectos de acceso que a modalidade de ciencias e tecnoloxía establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

3. En relación coa preferencia no acceso a ciclos formativos de grao superior establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a modalidade de bacharelato de ciencias e tecnoloxía establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terá a mesma consideración para os efectos de acceso que as modalidades de tecnoloxía e de ciencias da natureza e da saúde establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Disposición adicional cuarta. Admisión a ciclos formativos de grao medio mediante a acreditación de condicións de acceso directo ao grao superior

As persoas solicitantes de admisión mediante acceso directo a ciclos formativos de grao medio que en lugar de presentar algunha das titulacións ou estudos superados a que se fai referencia no artigo 5 da citada Orde do 5 de xuño de 2007 presenten directamente un título universitario, un título de técnico superior ou un título de bacharel da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, ou da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou estudos equivalentes aos anteriores, participarán no proceso de admisión cunha puntuación de cinco puntos, con independencia de que por estas titulacións tivesen unha maior puntuación no caso de solicitar o acceso a ciclos formativos de grao superior.

Disposición adicional quinta. Constitución de grupos

Non computará para os efectos de constitución de grupos o alumnado de segundo curso do réxime ordinario que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo e/ou o módulo de proxecto, de ser o caso.

Disposición adicional sexta. Reserva de prazas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego ou nacional de alto nivel ou rendemento

1. De acordo co artigo 9.3 do Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento, todos os ciclos formativos disporán con carácter xeral dun 5 % adicional de prazas reservadas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego ou nacional de alto nivel ou rendemento.

2. A reserva de prazas a que se fai referencia no punto anterior para o ciclo medio de operacións subacuáticas e hiperbáricas realizarase descontando as prazas reservadas respecto do total das prazas ofrecidas. En ningún caso se incrementará o número de prazas ofrecidas.

Disposición adicional sétima. Prazas vacantes do réxime ordinario

1. As prazas que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas.

2. Para tales efectos, o día 7 de outubro os centros educativos farán pública no taboleiro de anuncios unha relación de todos os módulos profesionais liberados en cada ciclo formativo. A matrícula farase no prazo abranguido entre o 7 e o 11 de outubro, por estrita orde de chegada de solicitudes.

O proceso de matriculación neste réxime rematará o día 11 de outubro ás 13.00 horas. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Esta autorización farase por medio da aplicación informática que xestiona a admisión.

Disposición adicional oitava. Acceso a ciclos formativos de formación profesional mediante titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español

Ás persoas que desexen acceder a ciclos formativos de formación profesional mediante titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español consignáraselles a nota media reflectida na credencial definitiva de homologación dos seus estudos cos correspondentes españois necesarios para o acceso a ciclos. No caso de non ter reflectida nota media na credencial definitiva de homologación, ou de alegar volante de inscrición condicional, consignaráselles unha nota de cinco puntos.

Disposición adicional novena. Distribución de prazas no acceso a grao medio

A distribución dos postos escolares dispoñibles nos centros docentes públicos e nos privados concertados para o acceso aos ciclos formativos de grao medio farase atendendo aos seguintes criterios:

a) O 70 % dos postos escolares ofreceráselles ás persoas que cumpran algún dos requisitos para o acceso directo que se recollen nos puntos 1 e 2 do artigo 5 da citada Orde do 5 de xuño de 2007. No cálculo da cota deste acceso directo estimarase unicamente a parte enteira do 70 %.

b) Para o resto de postos escolares:

b.1) As dúas terceiras partes ofreceránselles ás persoas que superaran os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial consonte o establecido no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b.2) A terceira parte restante ofreceráselle a quen teña superada a proba a que se refiren os puntos 3 e 4 do artigo 5 da citada Orde do 5 de xuño de 2007.

Disposición transitoria primeira. Matriculación no réxime ordinario do alumnado afectado pola implantación dos novos títulos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

1. O alumnado que ao remate do curso académico 2012/13 teña módulos superados dun ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, non cumpra os criterios de promoción ao segundo curso e se vexa afectado pola entrada en vigor das novas ensinanzas dos títulos a que se fai referencia no anexo II desta resolución, deberá matricularse no primeiro curso das novas ensinanzas, para o cal se aplicará o réxime de validacións establecido no anexo IV do real decreto polo que se estableza o título correspondente.

2. O alumnado que ao remate do curso académico 2012/13 teña módulos superados dun ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e se vexa afectado pola implantación do segundo curso das novas ensinanzas a que se fai referencia no anexo III desta resolución, deberá matricularse no curso que corresponda das novas ensinanzas, logo da aplicación do réxime de validacións establecido no anexo IV do real decreto polo que se estableza o título correspondente.

3. O alumnado que estivera matriculado e non causara baixa no curso 2012/13 polo réxime de persoas adultas nun ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e se vexa afectado pola entrada en vigor das novas ensinanzas dos títulos a que se fai referencia no anexo II desta resolución, poderá solicitar praza no segundo curso polo réxime ordinario, sen ter en conta os criterios de promoción, para os efectos de rematar o ciclo formativo que se extingue. En todo caso, o cómputo de duración dos módulos pendentes non pode superar as horas máximas establecidas para a matrícula no réxime de persoas adultas.

Disposición transitoria segunda. Matriculación no réxime para as persoas adultas do alumnado afectado pola implantación dos novos títulos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

O alumnado con módulos superados do título correspondente establecido pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, que se vexa afectado pola entrada en vigor das novas ensinanzas establecidas ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a que se fai referencia nos puntos primeiro e segundo da disposición transitoria primeira desta resolución, e desexe continuar os seus estudos polo réxime para as persoas adultas, deberá matricularse nas novas ensinanzas con aplicación do réxime de validacións establecido no anexo IV do real decreto polo que se estableza o título correspondente.

Disposición transitoria terceira. Realización do módulo de formación en centros de traballo en títulos extinguidos

O alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo dun título extinguido establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderá cursalo no ano académico 2013/14 nalgún dos centros educativos que ofreceran o devandito ciclo formativo no curso académico 2012/13.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para o curso 2013/14.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I A)
Modalidades preferentes e materias vinculadas do bacharelato para o acceso a ciclos formativos de grao superior establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

Familia profesional

Ciclos de grao superior

Modalidades de bacharelato

Materias de bacharelato

Actividades agrarias

Xestión e organización de empresas agropecuarias

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Ciencias da terra e do ambiente

Actividades físicas e deportivas

Animación de actividades físicas e deportivas

Calquera modalidade de bacharelato

 

Actividades marítimo-pesqueiras

Administración

Secretariado

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Economía e organización de empresas

Artes gráficas

Deseño e produción editorial

Artes.

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Debuxo técnico

Produción en industrias de artes gráficas

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Tecnoloxía industrial II

Comercio e márketing

Comercio internacional

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Economía e organización de empresas

Servizos ao consumidor

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Economía e organización de empresas

Xestión comercial e márketing

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Economía e organización de empresas

Comunicación, imaxe e son

Edificación e obra civil

Realización e plans de obra

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Debuxo técnico

Electricidade e electrónica

Fabricación mecánica

Óptica de anteollos

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Tecnoloxía industrial II

Hostalaría e turismo

Animación turística

Artes.

Humanidades e ciencias sociais.

Segunda lingua estranxeira

Imaxe persoal

Asesoría de imaxe persoal

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

 

Industrias alimentarias

Informática

 

Madeira e moble

Mantemento de vehículos autopropulsados

Mantemento aeromecánico

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Electrotecnia.

Mecánica

Mantemento de aviónica

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Electrotecnia

Mantemento e servizos á produción

Prevención de riscos profesionais

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Tecnoloxía.

 

Química

Fabricación de produtos farmacéuticos e afíns

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Química

Química ambiental

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Química

Sanidade

Anatomía patolóxica e citoloxía

Ciencias da natureza e da saúde

Bioloxía

Dietética

Ciencias da natureza e da saúde

Bioloxía

Documentación sanitaria

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

 

Hixiene bucodental

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Bioloxía

Imaxe para o diagnóstico

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

 

Laboratorio de diagnóstico clínico

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Bioloxía

Ortoprotésica

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Debuxo técnico

Radioterapia

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

 

Saúde ambiental

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Ciencias da terra e do ambiente

Servizos socioculturais e á comunidade

Animación sociocultural

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Tecnoloxía.

 

Integración social

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Tecnoloxía.

 

Interpretación da lingua de signos

Calquera modalidade de bacharelato

 

Téxtil, confección e pel

Curtidos

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Química

Vidro e cerámica

Fabricación e transformación de produtos de vidro

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Química

ANEXO I B)
Modalidades preferentes e materias vinculadas do bacharelato para o acceso a ciclos formativos de grao superior establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Familia profesional

Ciclos de grao superior

Modalidades de bacharelato

Materias de bacharelato

Actividades físicas e deportivas 

Administración e xestión

Administración e finanzas

Humanidades e ciencias sociais.

Agraria

Xestión forestal e do medio natural

Ciencias e tecnoloxía.

Artes gráficas

Artes e artesanías

Comercio e márketing 

Transporte e loxística

Humanidades e ciencias sociais.

Márketing e publicidade

Humanidades e ciencias sociais.

Edificación e obra civil

Proxectos de edificación

Ciencias e tecnoloxía. Artes.

Proxectos de obra civil

Ciencias e tecnoloxía. Artes.

Electricidade e electrónica

Sistemas electrotécnicos e automatizados

Ciencias e tecnoloxía.

Sistemas de telecomunicación e informáticos

Ciencias e tecnoloxía.

Automatización e robótica industrial

Ciencias e tecnoloxía.

Mantemento electrónico

Ciencias e tecnoloxía.

Enerxía e auga

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Ciencias e tecnoloxía.

Enerxías renovables

Ciencias e tecnoloxía.

Fabricación mecánica

Programación da produción en fabricación mecánica

Ciencias e tecnoloxía.

Construcións metálicas

Ciencias e tecnoloxía.

Deseño en fabricación mecánica

Ciencias e tecnoloxía.

Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros

Ciencias e tecnoloxía

Hostalaría e turismo

Xestión de aloxamentos turísticos

Humanidades e ciencias sociais.

Axencias de viaxes e xestión de eventos

Humanidades e ciencias sociais.

Guía, información e asistencias turísticas

Humanidades e ciencias sociais.

Dirección de cociña

Ciencias e tecnoloxía.

Dirección de servizos de restauración

Ciencias e tecnoloxía.

Imaxe persoal

Estética integral e benestar

Ciencias e tecnoloxía.

Estilismo e dirección de peiteado

Ciencias e tecnoloxía.

Humanidades e ciencias sociais.

Imaxe e son

Produción de audiovisuais e espectáculos

Ciencias e tecnoloxía.

Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

Ciencias e tecnoloxía.

Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

Ciencias e tecnoloxía.

Son para audiovisuais e espectáculos

Ciencias e tecnoloxía.

Iluminación, captación e tratamento de imaxe

Ciencias e tecnoloxía.

Industrias alimentarias

Vitivinicultura

Ciencias e tecnoloxía.

Procesos e calidade na industria alimentaria

Ciencias e tecnoloxía.

Industrias extractivas

Informática e comunicacións

Administración de sistemas informáticos en rede

Ciencias e tecnoloxía.

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Ciencias e tecnoloxía.

Desenvolvemento de aplicacións web

Ciencias e tecnoloxía.

Instalación e mantemento

Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos

Ciencias e tecnoloxía.

Mantemento de instalacións

térmicas e de fluídos

Ciencias e tecnoloxía

Mecatrónica industrial

Ciencias e tecnoloxía.

Madeira, moble e cortiza 

Deseño e amoblamento

Ciencias e tecnoloxía.

Artes.

Marítimo-pesqueira

Transporte marítimo e pesca de altura

Ciencias e tecnoloxía.

Acuicultura

Ciencias e tecnoloxía.

Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións

Ciencias e tecnoloxía.

Química

Química industrial

Ciencias e tecnoloxía.

Química

Laboratorio de análise e de control de calidade

Ciencias e tecnoloxía.

Química

Sanidade

Audioloxía protésica

Ciencias e tecnoloxía.

Próteses dentais

Ciencias e tecnoloxía.

Seguridade e ambiente

Educación e control ambiental

Ciencias e tecnoloxía.

Servizos socioculturais e á comunidade

Educación infantil

Humanidades e ciencias sociais.

Téxtil, confección e pel

Patronaxe e moda

Ciencias e tecnoloxía.

Deseño e produción de calzado e complementos

Ciencias e tecnoloxía.

Artes.

Transporte e mantemento de vehículos

Automoción

Ciencias e tecnoloxía.

Vidro e cerámica

Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos

Ciencias e tecnoloxía.

ANEXO II
Relación de reais decretos de títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, nos cales inicia a implantación do primeiro curso no ano académico 2013/14 substituíndo, de ser o caso, os equivalentes establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

– Real decreto 1071/2012, do 13 de xullo, polo que se establece o título de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1572/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en transporte e loxística e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1571/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en márketing e publicidade e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 556/2012, do 23 de marzo, polo que se establece o título de técnico en vídeo-disc-jockey e son e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 254/2011, do 28 de febreiro, polo que se establece o título de técnico en cultivos acuícolas e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1072/2012, do 13 de xullo, polo que se establece o título de técnico en mantemento e control da maquinaria en buques e embarcacións e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1144/2012, do 24 de xullo, polo que se establece o título de técnico en navegación e pesca de litoral e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1073/2012, do 13 de xullo, polo que se establece o título de técnico en operacións subacuáticas e hiperbáricas e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1585/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en acuicultura e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1075/2012, do 13 de xullo, polo que se establece o título de técnico superior en organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

ANEXO III
Relación de reais decretos de títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, nos cales inicia a implantación do segundo curso no ano académico 2013/14 substituíndo, de ser o caso, os equivalentes establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

– Real decreto 1584/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en administración e finanzas e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 260/2011, do 28 de febreiro, polo que se establece o título de técnico superior en xestión forestal e do medio natural e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1586/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico en preimpresión dixital e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1575/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico en construción e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1689/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico en obras de interior, decoración e rehabilitación e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 386/2011, do 18 de marzo, polo que se establece o título de técnico superior en proxectos de obra civil e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 883/2011, do 24 de xuño, polo que se establece o título de técnico superior en sistemas de telecomunicación e informáticos e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1581/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en automatización e robótica industrial e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1578/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en mantemento electrónico e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 385/2011, do 18 de marzo, polo que se establece o título de técnico superior en enerxías renovables e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 882/2011, do 24 de xuño, polo que se establece o título de técnico superior en programación da produción en moldeamento de metais e polímeros e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1583/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en animacións 3D, xogos e contornos interactivos e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1686/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en iluminación, captación e tratamento de imaxe e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1681/2011, de 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en produción de audiovisuais e espectáculos e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1680/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1682/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en son para audiovisuais e espectáculos e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1588/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico en peiteado e cosmética capilar e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 881/2011, do 24 de xuño, polo que se establece o título de técnico superior en estética integral e benestar e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1577/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en estilismo e dirección de peiteado e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1589/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico en mantemento electromecánico e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1576/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en mecatrónica industrial e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 880/2011, do 24 de xuño, polo que se establece o título de técnico en instalación e amoblamento e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1579/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en deseño e amoblamento e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1691/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en transporte marítimo e pesca de altura e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1687/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en próteses dentais e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 384/2011, do 18 de marzo, polo que se establece o título de técnico superior en educación e control ambiental e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

– Real decreto 1593/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico en atención a persoas en situación de dependencia e se fixan as súas ensinanzas mínimas.