Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23573

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 10 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

O artigo 19 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, establece que as asociacións de persoas traballadoras autónomas son as titulares dos dereitos de carácter colectivo para exercer a defensa e tutela colectiva dos intereses profesionais das persoas traballadoras autónomas.

O traballo autónomo ten unha importancia fundamental na creación de emprego e riqueza, no que descansa boa parte da estabilidade do sistema económico de Galicia. Por iso, o fomento do asociacionismo no sector do autoemprego contribúe á consolidación do colectivo das persoas traballadoras autónomas.

Así mesmo, a Lei 5/2011, do 29 de marzo, de economía social, establece no seu artigo 5 que os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral forman parte das entidades que integran a economía social. O artigo 7 desta lei dispón que as entidades da economía social poderán constituír asociacións para a representación e defensa dos seus intereses, e no artigo 8 recoñécese como tarefa de interese xeral a promoción, o estímulo e o desenvolvemento das entidades da economía social e das súas organizacións representativas, respectando as competencias das comunidades autónomas.

Neste contexto, esta orde establece en réxime de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, axudas para o financiamento dos gastos xerais de funcionamento, infraestrutura e mantemento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral para que poidan desenvolver de forma eficaz o cumprimento da súa finalidade e fortalecer a súa estrutura.

Segundo o disposto no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, correspóndelle a esta o desenvolvemento das funcións que lle atribúan as normas de desenvolvemento en Galicia da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo e o exercicio das competencias en materia de entidades de economía social.

Polo exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Capítulo I
Finalidade, ámbito e principios de xestión

Artigo 1. Finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2013 das subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización e funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de Galicia de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de Galicia de empresas de inserción laboral, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lle son propios, a través dos seguintes programas de axudas:

– Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas (anexo A).

– Programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego (anexo B).

– Programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral (anexo C).

2. A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Traballo e Benestar.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

3. As bases específicas de cada programa están recollidas nos anexos A, B e C desta orde e forman parte integrante dela.

Artigo 2. Normativa aplicable

As solicitudes, tramitación e concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013; e, no que resulte de aplicación, á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e ao seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e nesta orde.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, as entidades asociativas de centros especiais de emprego e as entidades asociativas de empresas de inserción laboral cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da Comunidade Autónoma.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Capítulo II
Normas comúns: competencia e procedemento

Artigo 4. Competencia

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes das subvencións previstas nesta orde, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.

Artigo 5. Solicitudes e prazo

1. As solicitudes poderán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xullo, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes vía electrónica será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e das formas previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Se a solicitude se envía por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario, para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

3. As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, http//traballo.xunta.es

Artigo 6. Autorizacións

1. A presentación da solicitude de subvención pola entidade interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A entidade solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; daquela deberá entregar coa solicitude a certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Non obstante, conforme o previsto no artigo 11.h) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as certificacións previstas no parágrafo anterior poderán ser substituídas pola declaración responsable da entidade solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. Mediante a presentación da solicitude de subvención a entidade interesada presta expresamente o seu consentimento á Consellería de Traballo e Benestar para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 (DOG nº 153, do 9 de agosto). Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos de carácter persoal exerceranse ante o CIXTEC, como responsable dos ficheiros; con domicilio na rúa Domingo Fontán, 9, 15702 Santiago de Compostela, de conformidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

3. Coa presentación da solicitude de subvención, a persoa interesada pode autorizar expresamente a Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade. En caso de non prestar a autorización, deberá presentar a fotocopia do documento acreditativo da identidade da persoa interesada.

4. Coa presentación da solicitude de subvención a entidade interesada autoriza expresamente a Consellería de Traballo e Benestar para que, de acordo co establecido nos números 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial, con expresión da convocatoria, o programa, o crédito orzamentario a que se imputan, a entidade beneficiaria, a contía concedida e a finalidade da subvención.

5. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais recollidos na solicitude se incorporarán ao ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, coa finalidade de xestión, avaliación, seguimento e estatística dos programas. A presentación da solicitude supón a cesión de datos persoais á Consellería de Traballo e Benestar por parte da entidade solicitante. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei pódense exercer dirixindo un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, como responsable do ficheiro, no enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou no seguinte enderezo electrónico: lopd.traballo@xunta.es

Artigo 7. Instrución, tramitación e procedemento de concesión

1. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se achega a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirá a entidade interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará por desistida da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

2. O procedemento de concesión das subvencións previstas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. O órgano instrutor será o Servizo do Traballo Autónomo e Apoio ás Persoas Emprendedoras da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, que realizará as actuacións necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

4. Unha vez efectuados o exame e a avaliación das solicitudes de cada un dos programas desta orde, someteranse a informe da comisión de avaliación, que terá a seguinte composición:

Presidente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Fomento da Contratación e o Traballo Autónomo.

Vogais: a persoa titular do Servizo do Traballo Autónomo e Apoio ás Persoas Emprendedoras e unha persoa técnica da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social designada polo seu titular, que actuará como secretaria.

5. O órgano instrutor, á vista dos expedientes e do informe da comisión de avaliación, formulará a correspondente proposta de resolución.

Artigo 8. Resolución e recursos

1. Logo da fiscalización pola intervención da proposta emitida polo órgano instrutor, as resolucións serán ditadas polo órgano competente para resolver, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, e deberán serlles notificadas ás entidades interesadas. As resolucións, concesorias ou denegatorias, serán sempre motivadas.

2. O prazo para resolver e notificar a resolución será de tres meses, que se computarán desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades interesadas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

4. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Con anterioridade á interposición do dito recurso poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redación dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da anterior.

Artigo 9. Xustificación e pagamento

1. A xustificación do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención realizarase nos termos e condicións establecidas nos anexos A, B e C desta orde.

2. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

A xustificación do pagamento dos gastos obxecto das subvencións desta orde deberá acreditarse mediante transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos deberán quedar claramente identificadas a persoa receptora e a emisora do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo. Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria.

3. As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión, e, en todo caso, ata o 15 de novembro de 2013. Excepcionalmente, este prazo poderá ser prorrogado en 15 días de forma extraordinaria e por causas debidamente xustificadas.

4. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria queda xustificada unha contía inferior da subvención inicialmente concedida, emitirase a correspondente resolución revogatoria.

5. Non poderá realizarse, en ningún caso, o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución declarativa de procedencia de reintegro.

Artigo 10. Pagamentos á conta

1. Poderán realizarse pagamentos á conta da subvención concedida que suporán a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada.

2. O importe dos pagamentos á conta que, se é o caso, se concedan, non poderá ser superior ao 80 % da subvención concedida.

3. De conformidade co disposto no artigo 65.4.f) do Regulamento da Lei 9 /2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan eximidas da obriga de constituír garantías.

Capítulo III
Incompatibilidades e obrigas

Artigo 11. Incompatibilidades e concorrencia

1. As subvencións reguladas nesta orde serán compatibles con calquera outra clase de subvencións, axudas ou ingresos obtidos para a mesma finalidade.

2. Non obstante o anterior, en ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o custo total dos gastos subvencionables imputados á subvención.

Artigo 12. Obrigas das entidades beneficiarias

Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar perante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Traballo e Benestar, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Estar ao día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para darlle publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 13. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 14. Revogación e reintegro

Procederá a revogación das subvencións establecidas nesta orde, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 15. Devolución voluntaria da subvención

Segundo o establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta de Novagalicia Banco 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar perante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 16. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Traballo e Benestar levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean a disposición da Consellería de Traballo e Benestar para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

2. A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social poderá comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Disposición adicional primeira

A Consellería de Traballo e Benestar poderá requirir, en todo momento, a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos diferentes programas desta orde.

Disposición adicional segunda

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas entidades beneficiarias, respecto das resolucións concesorias de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Disposición adicional terceira

No exercicio económico 2013, as subvencións reguladas nesta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que a continuación se relacionan, cun crédito total de 130.000 euros que figura na Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, coa seguinte asignación para cada un dos programas:

Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas (anexo A desta orde).

11.02. 322C 481.3, código de proxecto 2013 00 551, cun crédito de 100.000 euros.

Programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego (anexo B desta orde).

11.02. 322C 481.4, código de proxecto 2013 00 760, cun crédito de 17.500 euros.

Programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral (anexo C desta orde).

11.02. 322C 481.5, código de proxecto 2013 00 761, cun crédito de 12.500 euros.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO A
Bases do Programa de axudas ás entidades asociativas
de persoas traballadoras autónomas (TR358A)

Primeira. Obxecto

1. Este programa ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

2. Para os efectos deste programa, enténdese por entidade asociativa de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial aquela que conte con membros en, polo menos, dous sectores económicos, entre os da agricultura, industria, construción e servizos.

Segunda. Requisitos das entidades beneficiarias

1. As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter personalidade xurídica propia e independente.

b) Estar inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia na data de publicación desta orde.

c) Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Ter sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñer dunha oficina permanente nela.

2. Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

Terceira. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os gastos que, de maneira indubitada, respondan á natureza da actividade subvencionada realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de outubro de 2013. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terá en conta o salario base e as cotizacións sociais.

b) Arrendamentos de locais.

c) Servizos profesionais independentes.

d) Primas de seguros.

e) Publicidade e propaganda.

f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.

h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas.

i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención pola súa participación. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención non poderá superar a cantidade de 90 € por persoa e día.

j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención non poderá superar a cantidade de 90 € por persoa e día.

3. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

1º. Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

2º. Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cuarta. Subcontratación das actividades subvencionadas

1. Autorízase a subcontratación con terceiros ata unha porcentaxe máxima do 80 % do custo total para as actividades recollidas nas letras i) e j) do número 2 da base terceira, coas condicións establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta as circunstancias sinaladas no artigo 43 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. No suposto de que a subcontratación se realice con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, será necesario que á solicitude de subvención se xunte unha petición de autorización ao órgano concedente para que se poida efectuar a dita subcontratación.

A petición de autorización deberá presentarse acompañada dunha memoria en que se describa a parte da actividade que vai ser obxecto de subcontratación, as persoas ou entidades vinculadas coas cales se vai subcontratar indicando o tipo de vinculación existente, así como o importe da subcontratación prevista, desagregando as cantidades que vai percibir cada unha das persoas ou entidades coas cales se realice a subcontratación.

Así mesmo, deberán indicarse as razóns sobre a necesidade de realizar a subcontratación coas persoas ou entidades vinculadas.

En ningún caso o importe da actividade subcontratada con persoas ou entidades vinculadas poderá superar o 70 % do importe da actividade subvencionada e sen que o importe por persoa ou entidade vinculada poida ser superior ao 50 % do custo total da actividade subvencionada.

Quinta. Contía das subvencións

1. Poderá subvencionarse ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos na base terceira, e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

2. A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 20.000 €.

3. Para a determinación das contías individualizadas das subvencións, unha vez ordenadas as solicitudes de maior a menor puntuación, iranse adxudicando ata esgotar o crédito dispoñible, de acordo cos seguintes criterios de gradación:

a) Á solicitude que obtivese a maior puntuación adxudicaráselle a contía máxima da subvención.

b) Para o resto de solicitudes, adxudicarase unha contía en proporción á súa puntuación e á da solicitude que obtivese a maior puntuación.

Na asignación dos criterios anteriores teranse en conta as seguintes consideracións:

1º. As entidades que obteñan a mesma puntuación consideraranse incluídas nun mesmo grupo para os efectos de aplicación da proporcionalidade referida. Se no proceso de asignación das subvencións se chega a un grupo de solicitudes que obtivesen a mesma puntuación, e non se dispón de crédito suficiente para asignar a todas elas a contía que lles correspondería pola puntuación obtida, a contía que hai que asignar será a que esgote o crédito dispoñible.

2º. Se, ao aplicar estes criterios de gradación, resulta crédito sobrante, adxudicarase ata que se esgote, entre as solicitudes con maior puntuación que non acadasen o importe máximo da subvención.

4. Notificada a resolución de concesión da subvención polo órgano concedente, se algunha das entidades beneficiarias, no prazo dun mes, renuncia de forma expresa ao seu dereito de percepción da subvención, poderá adxudicarse o crédito liberado, segundo o procedemento establecido no artigo 7 desta orde, entre as solicitudes que, acadando a puntuación mínima exixible, non obteñan a condición de subvencionables polo esgotamento do crédito orzamentario e en proporción á súa puntuación.

Sexta. Documentación

1. As solicitudes deberán presentarse no formulario normalizado que figura como anexo I-A desta orde e deberán ir acompañadas, do orixinal ou copia compulsada ou cotexada, da documentación que se relaciona:

a) DNI ou NIE da persoa representante en caso de non prestar a autorización na solicitude á Consellería de Traballo e Benestar para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade e escritura de poder suficiente para actuar en nome da entidade perante a Administración pública, agás que a capacidade de representación se estableza nos estatutos.

b) Acta de constitución e estatutos da entidade.

c) Tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

d) Memoria das actividades realizadas pola entidade e dos servizos prestados ás súas persoas asociadas no exercicio 2012 que inclúa unha breve historia da entidade e a descrición da súa implantación territorial e do seu carácter intersectorial, así como unha memoria das actividades previstas para o exercicio 2013.

e) As últimas contas anuais aprobadas acompañadas da certificación acreditativa destes datos expedidas polo representante legal, así como o orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2013.

f) Certificación da persoa representante legal da entidade en que figure unha relación das entidades asociadas e o número de persoas asociadas, xunto cun anexo en que se desagregue esta información a nivel provincial e por sectores económicos, distinguindo as persoas asociadas directas das que o son a través de entidades asociadas, segundo o modelo do anexo II-A.

g) Relación individualizada dos gastos que se van ter en conta para o cálculo da contía da subvención, segundo o modelo do anexo III-A.

h) Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo IV-A.

i) Documentación acreditativa de que están ao día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

j) Para o suposto de subcontratación con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, xuntarase unha petición de autorización para que se poida efectuar a subcontratación así como a memoria co contido sinalado no parágrafo segundo do número 2 da base cuarta.

2. Ademais, para acreditar os criterios de valoración establecidos na base sétima deste anexo, as entidades solicitantes deberán presentar, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, a documentación específica que a continuación se relaciona e que servirá de fundamento para a concesión da subvención:

a) Libro de rexistro das persoas asociadas á entidade e das que o son a través de entidades asociadas.

b) Declaración do representante legal da entidade do número de sedes, acompañada dos títulos de propiedade, contratos de arrendamento ou contratos de cesión de uso.

c) Contratos de traballo das persoas traballadoras que prestan os seus servizos na entidade e documentos de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondentes ao exercicio 2012.

d) Acordos de interese profesional concertados ao abeiro do artigo 13 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, e declaración do representante legal da entidade en que conste o número de persoas traballadoras economicamente dependentes afectadas.

e) Convenios ou acordos de colaboración e representación asinados con entidades inscritas ou que solicitasen a inscrición no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Ás solicitudes xuntaranse os documentos sinalados nos números anteriores, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso, a entidade solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade solicitante a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá riquirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xullo, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sétima. Criterios de valoración das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas

1. A valoración das solicitudes presentadas ao abeiro do programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Número total de persoas asociadas á entidade solicitante: ata 45 puntos.

b) Número de sedes: ata 20 puntos.

c) Orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2013: ata 20 puntos.

d) Acordos de interese profesional concertados: ata 15 puntos.

e) Media do cadro de persoal da entidade no exercicio 2012: ata 15 puntos.

f) Postos de traballo ocupados por persoas traballadoras con contrato indefinido con que conta a entidade na data de presentación da solicitude: ata 10 puntos.

g) Convenios ou acordos de colaboración e representación asinados con entidades inscritas ou que solicitasen a inscrición no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia: ata 10 puntos.

h) Antigüidade: ata 10 puntos.

i) Emprego da lingua galega na documentación do expediente administrativo e a súa promoción nas actividades da entidade: ata 5 puntos.

2. Para a comparación das solicitudes presentadas establécese unha puntuación máxima de 150 puntos, co fin de establecer unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto anterior e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior puntuación. As entidades solicitantes terán que obter como mínimo 75 puntos para acceder ás subvencións reguladas neste programa.

3. Non obstante, non será necesario fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos, para o caso de que o crédito consignado nesta convocatoria sexa suficiente, atendendo ao número de solicitudes unha vez finalizado o prazo de presentación, conforme o previsto no artigo 55 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Oitava. Xustificación e pagamento

O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, que se exixa de forma expresa nela, xustificativa da realización da actividade para a cal se concedeu a subvención, entre a cal deberá figurar:

a) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Certificación expedida pola persoa representante da entidade que inclúa unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación da persoa acredora e do documento, o importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento, xunto coas facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e da documentación acreditativa do seu pagamento.

c) Declaración complementaria do establecido na letra h) do número 1 da base sexta deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto ou actividade, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo IV-A.

ANEXO B
Bases do Programa de axudas ás entidades asociativas
de centros especiais de emprego (TR358B)

Primeira. Obxecto

1. Este programa ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de centros especiais de emprego de Galicia, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

2. Para os efectos deste programa, enténdese por entidades asociativas de centros especiais de emprego de Galicia aquelas que asocien exclusivamente centros especiais de emprego inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG nº 138, do 19 de xullo).

Segunda. Requisitos das entidades beneficiarias

1. As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter personalidade xurídica propia e independente.

b) Estar inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Ter o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñer dunha oficina permanente nela.

2. Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

Terceira. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os gastos que, de maneira indubitada, respondan á natureza da actividade subvencionada realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de outubro de 2013. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terá en conta o salario base e as cotizacións sociais.

b) Arrendamentos de locais.

c) Servizos profesionais independentes.

d) Primas de seguros.

e) Publicidade e propaganda.

f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.

h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas.

i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante incluídos os gastos de desprazamento e manutención, pola súa participación. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención non poderá superar a cantidade de 90 € por persoa e día.

j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción dos centros especiais de emprego en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención non poderá superar a cantidade de 90 € por persoa e día.

3. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

1º. Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

2º. Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cuarta. Subcontratación das actividades subvencionadas

1. Autorízase a subcontratación con terceiros ata unha porcentaxe máxima do 80 % do custo total para as actividades recollidas nas letras i) e j) do número 2 da base terceira, coas condicións establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta as circunstancias sinaladas no artigo 43 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. No suposto de que a subcontratación se realice con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, será necesario que á solicitude de subvención se xunte unha petición de autorización ao órgano concedente para que se poida efectuar a dita subcontratación.

A petición de autorización deberá presentarse acompañada dunha memoria en que se describa a parte da actividade que vai ser obxecto de subcontratación, as persoas ou entidades vinculadas coas que se vai subcontratar indicando o tipo de vinculación existente, así como o importe da subcontratación prevista, desagregando as cantidades que vai percibir cada unha das persoas ou entidades coas que se realice a subcontratación.

Así mesmo, deberán indicarse as razóns sobre a necesidade de realizar a subcontratación coas persoas ou entidades vinculadas.

En ningún caso o importe da actividade subcontratada con persoas ou entidades vinculadas poderá superar o 70 % do importe da actividade subvencionada e sen que o importe por persoa ou entidade vinculada poida ser superior ao 50 % do custo total da actividade subvencionada.

Quinta. Contía das subvencións

1. Poderá subvencionarse ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos na base terceira, e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

2. A contía máxima da subvención será de 10.000 €.

3. Para a determinación das contías individualizadas das subvencións, unha vez ordenadas as solicitudes de maior a menor puntuación, iranse adxudicando ata esgotar o crédito dispoñible, de acordo cos seguintes criterios de gradación:

a) Á solicitude que obtivese a maior puntuación adxudicaráselle a contía máxima da subvención.

b) Para o resto de solicitudes, adxudicarase unha contía en proporción á súa puntuación e á da solicitude que obtivese a maior puntuación.

Na asignación dos criterios anteriores teranse en conta as seguintes consideracións:

1º. As entidades que obteñan a mesma puntuación consideraranse incluídas nun mesmo grupo para os efectos de aplicación da proporcionalidade referida. Se no proceso de asignación das subvencións se chega a un grupo de solicitudes que obtivesen a mesma puntuación, e non se dispón de crédito suficiente para asignar a todas elas a contía que lles correspondería pola puntuación obtida, a contía que hai que asignar será a que esgote o crédito dispoñible.

2º. Se, ao aplicar estes criterios de gradación, resulta crédito sobrante, repartirase proporcionalmente entre as entidades beneficiarias da subvención, e, neste caso, poderá superarse a contía máxima da subvención establecida no número 2.

Sexta. Documentación

1. As solicitudes deberán presentarse no formulario normalizado que figura como anexo I-B desta orde e deberán ir acompañadas, do orixinal ou copia compulsada ou cotexada, da documentación que se relaciona:

a) DNI ou NIE da persoa representante en caso de non prestar a autorización na solicitude á Consellería de Traballo e Benestar para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade e escritura de poder suficiente para actuar en nome da entidade perante a Administración pública, agás que a capacidade de representación se estableza nos estatutos.

b) Acta de constitución e estatutos da entidade.

c) Documentación acreditativa da inscrición da entidade no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

e) Memoria das actividades realizadas pola entidade no exercicio 2012 que inclúa unha breve historia da entidade e a descrición da súa implantación territorial, así como unha memoria das actividades previstas para o exercicio 2013.

f) Declaración responsable do representante legal da entidade solicitante das sedes propias, acompañada dos títulos de propiedade, contratos de arrendamento ou contratos de cesión de uso.

g) As últimas contas anuais aprobadas acompañadas da certificación acreditativa destes datos expedidas polo representante legal, así como o orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2013.

h) Certificación da persoa representante legal da entidade en que figure unha relación dos centros especiais de emprego asociados, xunto cun anexo en que se desagregue esta información a nivel provincial, segundo o modelo do anexo II-B.

i) Relación individualizada dos gastos que se van ter en conta para o cálculo da contía da subvención, segundo o modelo do anexo III-B.

j) Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo IV-B.

k) Documentación acreditativa de que están ao día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

l) Para o suposto de subcontratación con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, achegarase unha petición de autorización para que se poida efectuar a subcontratación así como a memoria co contido sinalado no parágrafo segundo do número 2 da base cuarta.

2. Ademais, para acreditar os criterios de valoración establecidos na base sétima deste anexo, as entidades solicitantes deberán presentar, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, a documentación específica que a continuación se relaciona e que servirá de fundamento para a concesión da subvención:

a) Libro de rexistro dos centros especiais de emprego asociados á entidade.

b) Declaración responsable do representante legal da entidade dos centros de traballo con que contan os centros especiais de emprego asociados, con indicación do seu enderezo.

c) Contratos de traballo das persoas traballadoras que prestan os seus servizos na entidade e documentos de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondentes ao exercicio 2012, así como os documentos acreditativos da condición de persoa con discapacidade.

d) Convenios ou acordos de interese profesional concertados pola entidade que beneficien as persoas traballadoras dos centros especiais de emprego asociados.

3. Ás solicitudes xuntaranse os documentos sinalados nos números anteriores, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso a entidade solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade solicitante a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá riquirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xullo, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sétima. Criterios de valoración das entidades asociativas de centros especiais de emprego

1. A valoración das solicitudes presentadas ao abeiro do programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Número de persoas traballadoras con discapacidade dos centros especiais de emprego asociados en 31 de decembro de 2012: ata 50 puntos.

b) Número de centros especiais de emprego asociados: ata 30 puntos.

c) Media do cadro de persoal de persoas traballadoras con discapacidade da entidade no exercicio 2012: ata 20 puntos.

d) Número de centros de traballo autorizados dos centros especiais de emprego asociados: ata 10 puntos.

e) Número de centros especiais de emprego e centros de traballo en concellos rurais: ata 10 puntos.

f) Orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2013: ata 10 puntos.

g) Número de acordos de interese profesional concertados pola entidade que beneficie as persoas traballadoras dos centros especiais de emprego asociados: ata 10 puntos.

h) Antigüidade: ata 5 puntos.

i) Emprego da lingua galega na documentación do expediente administrativo e a súa promoción nas actividades da entidade: ata 5 puntos.

2. Para a comparación das solicitudes presentadas establécese unha puntuación máxima de 150 puntos, co fin de establecer unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto anterior e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior puntuación. As entidades solicitantes terán que obter como mínimo 75 puntos para acceder ás subvencións reguladas neste programa.

3. Non obstante, non será necesario fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos, para o caso de que o crédito consignado nesta convocatoria fose suficiente, atendendo ao número de solicitudes unha vez finalizado o prazo de presentación, conforme o previsto no artigo 55 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Oitava. Xustificación e pagamento

O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, que se exixa de forma expresa nela, xustificativa da realización da actividade para a cal se concedeu a subvención, entre a que deberá figurar:

a) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Certificación expedida pola persoa representante da entidade que inclúa unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación da persoa acredora e do documento, o importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento, xunto coas facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e da documentación acreditativa do seu pagamento.

c) Declaración complementaria do establecido na letra j) do número 1 da base sexta deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto ou actividade, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo IV-B.

ANEXO C
Bases do Programa de axudas ás entidades asociativas
de empresas de inserción laboral (TR358C)

Primeira. Obxecto

1. Este programa ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de empresas de inserción laboral de Galicia, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lle son propios.

2. Para os efectos deste programa, enténdese por entidades asociativas de empresas de inserción laboral de Galicia aquelas que asocien exclusivamente empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral (DOG nº 153, do 8 de agosto).

Segunda. Requisitos das entidades beneficiarias

1. As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter personalidade xurídica propia e independente.

b) Estar inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Ter o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñer dunha oficina permanente nela.

2. Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

Terceira. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os gastos que, de maneira indubitada, respondan á natureza da actividade subvencionada realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de outubro de 2013. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terá en conta o salario base e as cotizacións sociais.

b) Arrendamentos de locais.

c) Servizos profesionais independentes.

d) Primas de seguros.

e) Publicidade e propaganda.

f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.

h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas.

i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos gastos de desprazamento e manutención, pola súa participación. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención non poderá superar a cantidade de 90 € por persoa e día.

j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción das empresas de inserción laboral en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención non poderá superar a cantidade de 90 € por persoa e día.

3. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

1º. Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

2º. Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cuarta. Subcontratación das actividades subvencionadas

1. Autorízase a subcontratación con terceiros ata unha porcentaxe máxima do 80 % do custo total para as actividades contempladas nas letras i) e j) do número 2 da base terceira, coas condicións establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta as circunstancias sinaladas no artigo 43 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. No suposto de que a subcontratación se realice con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, será necesario que á solicitude de subvención se xunte unha petición de autorización ao órgano concedente para que se poida efectuar a dita subcontratación.

A petición de autorización deberá presentarse acompañada dunha memoria en que se describa a parte da actividade que vai ser obxecto de subcontratación, as persoas ou entidades vinculadas coas que se vai subcontratar indicando o tipo de vinculación existente, así como o importe da subcontratación prevista, desagregando as cantidades que se van percibir por cada unha das persoas ou entidades coas que se realice a subcontratación.

Así mesmo, deberán indicarse as razóns sobre a necesidade de realizar a subcontratación coas persoas ou entidades vinculadas.

En ningún caso o importe da actividade subcontratada con persoas ou entidades vinculadas poderá superar o 70 % do importe da actividade subvencionada e sen que o importe por persoa ou entidade vinculada poida ser superior ao 50 % do custo total da actividade subvencionada.

Quinta. Contía das subvencións

1. Poderá subvencionarse ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos na base terceira, e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

2. A contía máxima da subvención será de 7.000 €.

3. Para a determinación das contías individualizadas das subvencións, unha vez ordenadas as solicitudes de maior a menor puntuación, iranse adxudicando ata esgotar o crédito dispoñible, de acordo cos seguintes criterios de gradación:

a) Á solicitude que obtivese a maior puntuación adxudicaráselle a contía máxima da subvención.

b) Para o resto de solicitudes, adxudicarase unha contía en proporción á súa puntuación e á da solicitude que obtivese a maior puntuación.

Na asignación dos criterios anteriores, teranse en conta as seguintes consideracións:

1º. As entidades que obteñan a mesma puntuación consideraranse incluídas nun mesmo grupo para os efectos de aplicación da proporcionalidade referida. Se no proceso de asignación das subvencións se chega a un grupo de solicitudes que obteña a mesma puntuación, e non se dispón de crédito suficiente para asignar a todas elas a contía que lles correspondería pola puntuación obtida, a contía que hai que asignar será a que esgote o crédito dispoñible.

2º. Se, ao aplicar estes criterios de gradación, resulta crédito sobrante, repartirase proporcionalmente entre as entidades beneficiarias da subvención, e, neste caso, poderá superarse a contía máxima da subvención establecida no número 2.

Sexta. Documentación

1. As solicitudes deberán presentarse no formulario normalizado que figura como anexo I-C desta orde e deberán ir acompañadas, do orixinal ou copia compulsada ou cotexada, da documentación que se relaciona:

a) DNI ou NIE da persoa representante en caso de non prestar a autorización na solicitude á Consellería de Traballo e Benestar para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade e escritura de poder suficiente para actuar en nome da entidade perante a Administración pública, agás que a capacidade de representación se estableza nos estatutos.

b) Acta de constitución e estatutos da entidade.

c) Documentación acreditativa da inscrición da entidade no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

e) Memoria das actividades realizadas pola entidade no exercicio 2012 que inclúa unha breve historia da entidade e a descrición da súa implantación territorial, así como unha memoria das actividades previstas para o exercicio 2013.

f) Declaración responsable do representante legal da entidade solicitante das sedes propias, acompañada dos títulos de propiedade, contratos de arrendamento ou contratos de cesión de uso.

g) As últimas contas anuais aprobadas acompañadas da certificación acreditativa destes datos expedidas polo representante legal, así como o orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2013.

h) Certificación da persoa representante legal da entidade en que figure unha relación das empresas de inserción laboral asociadas, acompañada dun anexo en que se desagregue esta información a nivel provincial, segundo o modelo do anexo II-C.

i) Relación individualizada dos gastos que se van ter en conta para o cálculo da contía da subvención, segundo o modelo do anexo III-C.

j) Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo IV-C.

k) Documentación acreditativa de que están ao día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

l) Para o suposto de subcontratación con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, achegarase unha petición de autorización para que se poida efectuar a subcontratación así como a memoria co contido sinalado no parágrafo segundo do número 2 da base cuarta.

2. Ademais, para acreditar os criterios de valoración establecidos na base sétima deste anexo, as entidades solicitantes deberán presentar, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, a documentación específica que a continuación se relaciona e que servirá de fundamento para a concesión da subvención:

a) Libro de rexistro de empresas de inserción laboral asociadas á entidade.

b) Declaración responsable do representante legal da entidade dos centros de traballo con que contan as empresas de inserción laboral asociadas, con indicación do seu enderezo.

c) Contratos de traballo das persoas traballadoras que prestan os seus servizos na entidade e documentos de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondentes ao exercicio 2012, así como os documentos acreditativos da condición de persoa en situación ou en risco de exclusión social.

d) Convenios ou acordos de interese profesional concertados pola entidade que beneficien as persoas en situación ou en risco de exclusión social asociadas.

3. Ás solicitudes xuntaranse os documentos sinalados nos números anteriores, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso, a entidade solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade solicitante a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá riquirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xullo, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sétima. Criterios de valoración das entidades asociativas de empresas de inserción laboral

1. A valoración das solicitudes presentadas ao abeiro do programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Número de persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social das empresas de inserción laboral asociadas en 31 de decembro de 2012: ata 50 puntos.

b) Número de empresas de inserción laboral asociadas: ata 30 puntos.

c) Media do cadro de persoal de persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social da entidade no exercicio 2012: ata 20 puntos.

d) Número de centros de traballo autorizados das empresas de inserción laboral asociadas: ata 10 puntos.

e) Número de empresas de inserción laboral e centros de traballo en concellos rurais: ata 10 puntos.

f) Orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2013: ata 10 puntos.

g) Número de acordos de interese profesional concertados pola entidade que beneficie as persoas traballadoras das empresas de inserción laboral asociadas: ata 10 puntos.

h) Antigüidade: ata 5 puntos.

i) Emprego da lingua galega na documentación do expediente administrativo e a súa promoción nas actividades da entidade: ata 5 puntos.

2. Para a comparación das solicitudes presentadas establécese unha puntuación máxima de 150 puntos, co fin de establecer unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto anterior e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior puntuación. As entidades solicitantes terán que obter como mínimo 75 puntos para acceder ás subvencións reguladas neste programa.

3. Non obstante, non será necesario fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos, para o caso de que o crédito consignado nesta convocatoria fose suficiente, atendendo ao número de solicitudes unha vez finalizado o prazo de presentación, conforme o previsto no artigo 55 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Oitava. Xustificación e pagamento

O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, que se exixa de forma expresa nela, xustificativa da realización da actividade para a cal se concedeu a subvención, entre a que deberá figurar:

a) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Certificación expedida pola persoa representante da entidade que inclúa unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación da persoa acredora e do documento, o importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento, acompañada das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e da documentación acreditativa do seu pagamento.

c) Declaración complementaria do establecido na letra j) do número 1 da base sexta deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto ou actividade, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo IV-C.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file