De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, unha vez intentada a súa notificación polo servizo de Correos e non ter sido posible, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sitas no Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2013
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
ANEXO
| Interesada | NIF | Expediente | Acto de notificación | 
| Classora Technologies, S.L. | B27411289 | PR520A-2011-434 | Notificación relativa ao expediente citado | 
| Redegal, S.L. | B32318354 | PR520A-2011-463 | Notificación relativa ao expediente citado | 

 
					
					
					