Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de xuño de 2013, da Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión do 5 de xuño de 2013 de non someter a modificación puntual número 7 das normas subsidiarias do Concello de Val do Dubra ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual nº 7 das normas subsidiarias do Concello de Val do Dubra ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1530/2013.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental