De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento CAZ-LU-0052/2012-V.
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada da resolución e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Ambiente no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013
Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza
ANEXO
Expediente: CAZ-LU-0052/2012-V.
Interesado: Daniel Romero Espiño.
Acto de notificación: resolución do procedemento.
Último enderezo coñecido: As Fontes, 2, Nodar, 27229 Friol (Lugo).