Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2013/16-2, 8099 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: liña de media tensión soterrada para subministración eléctrica a CS Decathlon.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV consistente en anelar o CS Decathlon (expediente 8055 AT) entre o CTC 03628 PE Gándaras 2 e o CTC 03639 PE Gándaras 3, en canalización existente, cunha lonxitude de 74 metros en condutor tipo RHZ-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 24 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo