Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 24991

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.

Advertidos erros na referida orde, publicada no DOG nº 96, do mércores 22 de maio de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 17721, no artigo 24.6, onde di: «agás o recollido no artigo 10 para coordinadores…», debe dicir: «agás o recollido no artigo 9 para coordinadores…».

Na páxina 17732 no ANEXO, no punto «Horas», onde di: «Non presenciais (máx. 20 % do total)», debe dicir: «Non presenciais (máx. 30 % do total)».