Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (expediente AC-EP 60/2013 e tres máis).

Intentada a notificación aos titulares dos establecementos que se indican a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditaron resolucións nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo por infraccións da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 6 de xuño de 2013

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 60/2013

Luose Explotaciones, S.L.

R/ Torreiro,11, soto 15001 A Coruña

Aeroclub

26 e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

210,00 €

AC-EP 78/2013

Actividades Puntuales, S.L.

R/ Juan Flórez, 48

15004 A Coruña

Pirámide

26 e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

100,00 €

AC-EP 43/2013

Manuel Álvarez Álvarez y otros, S.C.

Avda. de Arteixo, 120, 3º D, A Coruña

Dezhavu

26 e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

180,00 €

AC-EP 81/2013

Manuel Álvarez Álvarez y otros, S.C.

Avda. de Arteixo, 120, 3º D A Coruña

Dezhavu

23 o) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

301,00 €