Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de maio de 2013 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia mediante os que se resolven os recursos de reposición de varios predios (expediente 2010003854 e 2010003883).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra as presentes resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00940, accesos ao Parque Empresarial de Mos.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo (Pontevedra).

Beneficiaria: Xestur Pontevedra, S.A.

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Pereiro Vila, Josefa

Granitea, S.L.

11.4.2013

11.4.2013

2010003854

2010003883

0046

0091AR

3.019,32

533,40