Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Oza dos Ríos (expediente IN407A 51/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: nova LMTS (15 kV) para alimentar o novo CS no lugar de Fraís, Oza dos Ríos.

Situación: concello de Oza dos Ríos.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 2×0,012 km, coa orixe en empalme que se vai realizar na LMTS BEG-706, entre o CT Travesa (expediente 280/09) e o CT Fraís (expediente 280/09), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-(1×240) Al, e final na mesma liña unha vez que entre e saia do CS.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña