Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, dunha subministración consistente na adquisición, montaxe e posta en funcionamento de nove (9) equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesaxe e etiquetaxe de moluscos bivalvos para diversas lonxas pesqueiras de Galicia, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca (expediente 21/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración consistente na adquisición, montaxe e posta en funcionamento de nove (9) equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesaxe e etiquetaxe de moluscos bivalvos para diversas lonxas pesqueiras de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: cento corenta (140) días máximo, ou o prazo menor ofertado polo adxudicatario.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 43411000-7 e 42923100-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 265.500,00 €, IVE (21 %): 55.755,00 €, importe total: 321.255,00 €.

Valor estimado: 265.500,00 €.

5. Financiamento: Fondos propios 25 %, Fondo Europeo de Pesca 75 %, no eixe prioritario 3.3.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas I e J da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas), 981 54 61 42 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19007

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 de xullo de 2013.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 24 de xullo de 2013. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de xuño de 2013.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar