Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25622

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sandiás

ANUNCIO de información pública sobre apertura de taller en Sandiás.

Agapito Seguín Feijoo solicitou licenza municipal para a apertura de actividade de taller, de ampliación de licenza outorgada en 1995 de chatarraría, desmantelamento e compravenda de automóbiles e maquinaria agrícola en nome de Chatarrería y Desguaces Sandiás, S.L., en Sandiás. Sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Sandiás, 28 de maio de 2013

Mª Concepción Méndez Gándara
Alcaldesa