Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013 pola que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Náutico Deportivo Barraña para a modificación da concesión outorgada no porto de Escarabote.

O día 15.3.2011 outorgouse unha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario ao Club Náutico Deportivo Barraña para construír e explotar unhas instalacións náutico-recreativas no porto de Escarabote.

O día 28.12.2012 o Club Náutico Deportivo Barraña solicitou a modificación da concesión para reducir as dimensións do edificio de servizos ofertado no concurso que serviu de base para o outorgamento da concesión.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia