Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25729

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (DSP 1176/2012).

Número de autos: despido/ceses en general 1176/2012.

Demandante: Víctor Manuel Figueroa Núñez.

Demandados: Eurogranit, S.A., Lista Granit, S.A., Granitos de La Coruña, S.A., Construcciones Lista Kristenssen, S.L., Heldt Invest, S.L., Control-Art, S.L., Fogasa.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución de data 5 xuño de 2013 dirixida a Eurogranit, S.A. Poderase interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días e faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Eurogranit, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xuño de 2013

A secretaria xudicial