Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26941

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (347/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 347/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Miras Gómez contra a empresa APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Dispoño acordar a acumulación destes autos ao procedemento de despedimento nº 50/2013 seguido ante o Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial e déixese copia testemuñada nas actuacións.

Remítanse os autos a través do oportuno oficio remisorio.

Notifíquese ás partes.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

A secretaria xudicial