María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 18/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cynthia Ares González contra a empresa Irmáns Lourido López, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo ditame di:
Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Cynthia Ares González contra Irmáns Lourido López, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Irmáns Lourido López, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 1.547,36 euros, como indemnización por despedimento obxectivo.
Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación á empresa Irmáns Lourido, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.
A Coruña, 18 de xuño de 2013
A secretaria xudicial

