Para manifestar o sentimento de solidariedade do pobo galego por mor dos pasamentos producidos como consecuencia do accidente ferroviario acaecido o 24 de xullo de 2013, o presidente da Xunta de Galicia ten a vontade de facer pública a súa dor, a do Goberno galego e a de todos os cidadáns de Galicia.
Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de xullo de dous mil trece,
DISPOÑO:
Artigo único.
1. Declárase loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas do día 25 de xullo ata as 24.00 horas do día 31 de xullo de 2013.
2. Eses días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.
Disposición derradeira.
Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e cinco de xullo de dous mil trece.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

