Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 10 de xullo de 2013, do Servizo Provincial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 27.006/13.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de xullo de 2013

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 27.006/13.

Interesada: Jahreswagen Center, S.L.

NIF: B-74232232.

Acto notificado: Resolución do 11 de xuño de 2013.