Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente para autorizar a realización dun solapamento das concesións V-7042; XG-416 e V-7059; XG-433 nas expedicións entre Lugo-Lalín-Santiago.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación para autorizar a realización dun solapamento nas expedicións entre Lugo-Lalín-Santiago das seguintes concesións:

– V-7042; XG-416, Lugo-Lalín-Vigo, con anexos, da titularidade de Gómez de Castro, S.A.

– V-7059; XG-433, A Coruña-Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo, con anexos, da titularidade de Castromil, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.coruña@xunta.es

A Coruña, 28 de xuño de 2013

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña