Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, da declaración da condición de minero-medicinal e termal das augas procedentes da captación As Lombas, situada no termo municipal de Catoira, da provincia de Pontevedra.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia en Pontevedra fai saber que mediante Resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia do 4 de xaneiro de 2013, foi declarada a condición minero-medicinal e termal das augas procedentes da captación As Lombas, recurso da sección B) da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas , regulado pola Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais e de manancial e dos establecementos balnearios de Galicia, así como polo Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, situado no termo municipal de Catoira na provincia de Pontevedra.

Coordenadas do punto principal de captación:

Coordenadas UTM Datum ED 50

X

Y

523.263,21

4.724.667,49

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á súa notificación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra