Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2013/18-2, 8101 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Sarria.

Domicilio social: r/ Maior, 14, 27600 Sarria.

Denominación: CT para ETAP de Sarria.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

• LMTS con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio anterior ao CT Dep. Augas Sarria (27P861) existente, propiedade do Concello de Sarria, e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 80 metros de condutor tipo RHZ1-150.

• CT prefabricado tipo PF202, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de xullo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo