Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1187/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1187/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Viqueira Cobelo contra a empresa Talleres Begacar, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame din:

Sentenza.

A Coruña, 23 de maio de 2013.

Miguel Herrero Liaño, xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1187/2012, aos cales se acumularon os seguidos no Xulgado do Social número 2 da Coruña, co número 1363/2012, sendo parte neles, dun lado, como demandante, Manuel Viqueira Cobelo, asistido pola letrada Sra. Páramo Sureda, e, doutro, como demandada, a empresa Talleres Begacar, S.L., que non comparece, sobre resolución de contrato e despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Ditame:

Estímanse as demandas interpostas por Manuel Viqueira Cobelo fronte a Talleres Begacar, S.L. e, en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento do demandante comunicado a través de carta datada o 9 de novembro de 2012.

2. Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato que une o demandante coa empresa demandada.

3. Condénase a demandada a aboarlle ao demandante as seguintes cantidades:

– 11.418,18 euros en concepto de salarios.

– 68.418,48 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Talleres Begacar, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

A secretaria xudicial