Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29942

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 10 de xullo de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de posto de persoal directivo na estrutura de Xestión Integrada de Ferrol.

Por Orde desta consellería do 10 de maio de 2013 (DOG nº 101, do 29 de maio), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de posto directivo na estrutura de Xestión Integrada de Ferrol.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 10 de maio de 2013 (DOG nº 101, do 29 de maio), para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo I desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a de Procesos de Soporte.

Nome e apelidos: Silvia Rodríguez Dapena