Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29946

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como funcionario de carreira da clase de farmacéutico inspector de saúde pública do seguinte aspirante, por orde de puntuación, que superou o concurso-oposición da dita clase, convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010.

Por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 16 de maio de 2013 (DOG nº 100, do 28 de maio), procedeuse ao nomeamento como funcionarios de carreira das clases de farmacéutico inspector de saúde pública, inspector farmacéutico, inspector médico e subinspector sanitario das persoas aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010.

Finalizado o prazo previsto nesta resolución, sen que se formalizase a toma de posesión do aspirante nomeado funcionario de carreira da clase de farmacéutico inspector de saúde pública, Jaime Maceiras Bidegain, DNI 32647822N, producíndose en consecuencia, de conformidade coa base sexta da Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 149, do 5 de agosto), a perda dos dereitos derivados da súa participación no citado concurso-oposición, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto na indicada base e artigo 4.1.c) da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e logo da acreditación polo seguinte aspirante en orde de puntuación que superou a fase de oposición, do cumprimento dos requisitos exixidos nas bases do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, da clase de farmacéutico inspector de saúde pública á aspirante que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Adxudicarlle como destino provisional o que figura no mesmo anexo.

Terceiro. Para adquirir a condición de funcionaria, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Nº orde

Apelidos e nome

NIF

Código do posto

Denominación do posto

Nivel

Gr.

Corpo/

escala

Centro de destino

Localidade

10

Domínguez Ferreiro, María del Carmen

76514578H

CSA992000327001007

Farmacéutico inspector de saúde pública

20

A1

1.2.11

Servizo de Inspección Farmacéutica de Saúde Pública. Zona Lugo

Lugo