Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 11 de xullo de 2013, da Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa, pola que se fai pública a notificación de incoación do expediente sancionador PESAN1 2013/000399-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro).

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura comarcal as alegacións que coide pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa (O Carril; Alto da Rosa, s/n).

Vilagarcía de Arousa, 11 de xullo de 2013

Fco. Javier Briz Domínguez
Xefe comarcal de Vilagarcía de Arousa

ANEXO

Nº de expediente: PESAN1 2013/000399-5.

Denunciado: Jorge Irago Villanueva.

DNI: 35444056-K.

Enderezo: A Igrexa, nº 39, Tremoedo, Vilanova de Arousa (Pontevedra).