Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, de traslado do expediente solicitado e emprazamento aos interesados no procedemento ordinario 155/2013 diante da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Por Resolución do 21 de xuño de 2013 a Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro do procedemento ordinario 155/2013, relativo ao recurso contencioso-administrativo interposto por Mª del Carmen Seoane Bouzas, contra a Resolución do 18 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as bases que rexen a convocatoria de concurso ordinario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal (DOG nº 61, do 27 de marzo), require a remisión do expediente e o emprazamento aos interesados.

En virtude do disposto na devandita resolución xudicial e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e co artigo 59.6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección xeral, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, e o artigo 2 do Decreto 49/2009, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal en relación coa Orde do 14 de maio de 2013 (DOG nº 92, do 15 de maio), sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Primeiro. Acordar nesta data a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer e persoarse en legal forma nos meritados autos, no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. O presente acto non pode impugnarse por tratarse dun simple acto de trámite non cualificado. Será recorrible, en todo caso, a resolución que poña fin ao procedemento nos prazos e diante dos órganos e tribunais que se lle indiquen na notificación da resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2013

P.D. (Orde 14.5.2013; Diario Oficial de Galicia nº 92, do 15 de maio)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local