Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30049

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre construcción de nave para corte, almacén e esterqueira no Campo do Cristo (Goiriz).

Mª Mónica García Rubiños, con DNI 33346217-N, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de nave para corte, almacén e esterqueira, no lugar do Campo do Cristo, Goiriz (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 1 de xullo de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde