Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30694

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de convocatoria de praza de funcionario de carreira.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 247, do 28 de decembro de 2012, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover unha praza de funcionario de carreira do Concello de Fene pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local escala básica, para cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Fene, 8 de xullo de 2013

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde