En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de agosto de dous mil trece,
Nomeo secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar a Alfonso García Magariños.
Santiago de Compostela, un de agosto de dous mil trece
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar