Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31170

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 18 de xullo de 2013 pola que se renovan os membros integrantes da comisión de valoración para a avaliación da documentación presentada para o nomeamento de persoal emérito no ámbito sanitario.

O Decreto 36/2010, do 11 de marzo, polo que se regula o procedemento para o nomeamento de persoal emérito no ámbito sanitario, determina no seu artigo 7.2º que, para a comprobación do cumprimento dos requisitos esixidos e a valoración dos méritos acreditados, se crea unha comisión de valoración que estará composta por cinco membros.

Coa finalidade de dar efectividade ao disposto no devandito decreto publicouse a Orde do 27 de xullo de 2010 pola que se nomean os membros da comisión de valoración para a avaliación da documentación presentada para o nomeamento de persoal emérito no ámbito sanitario.

Con motivo dos cambios producidos na estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, desenvolvida no Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, cómpre facer cambios nos membros da citada comisión.

En consecuencia, e de conformidade coas facultades establecidas nos artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia (DOG nº 23, do 21 de marzo)

DISPOÑO:

Artigo único. Renóvase a composición da comisión de valoración para a avaliación da documentación presentada para o nomeamento de persoal emérito no ámbito sanitario, co nomeamento das seguintes persoas, en substitución das nomeadas pola Orde do 27 de xullo de 2010, que cesan no seu cargo:

Presidente: Manuel Sánchez Salorio.

Secretaria: María José Castelao Boga.

Vogais: Ovidio Fernández Álvarez.

Luis Verde Remeseiro.

María Generosa Crespo Leiro.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde da Consellería de Sanidade do 27 de xullo de 2010 pola que se nomean os membros da comisión de valoración para a avaliación da documentación presentada para o nomeamento de persoal emérito no ámbito sanitario, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido na presente orde.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade