Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (260/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 260/2012.

Demandante: Marta Sesar Segade.

Avogado: Alberto Freijeiro Otero.

Demandados: Grialibros, S.L., Aula Noroeste, S.L., Abraxas Aula 25, S.L., Grace Antonia Nouel Brache, Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fondo de Garantía Salarial).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 260/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Sesar Segade contra a empresa, sobre ordinario, ditáronse as seguintes resolucións:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

Recibidas con resultado negativo as notificacións da sentenza dirixidas ás codemandadas Comercial Ara, S.A. e Sálvora Areito, S.A., únanse, e despois de seren esgotadas todas as posibilidades de citación ou notificación a estas en diversos procedementos tramitados ante este xulgado (véxase, por exemplo, o DOI 189/2012), debendo acudirse á práctica dos actos de comunicación por medio de publicación por edictos, notifíqueselles a sentenza a ambas as dúas codemandadas por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte á sentenza ditada no presente procedemento, declaro firme esta e acordo o arquivamento destas actuacións.

Así mesmo, faise constar para os efectos previstos no artigo 239 da LXS que a sentenza foi notificada en data 19.12.2012 a Marta Sesar Segade, Grialibros, S.L., Administración Concursal de Grialibros, S.L., en data 2.1.2013 a Aula Noroeste, S.L., en data 28.12.2013 a Abraxas Aula 25, S.L., en data 9.1.2013 a Grace Antonia Nouel Brache, en data 3 de xuño de 2013 a Comercial Ara, S.A. e Sálvora Areito, S.A. e en data 7 de xaneiro de 2013 ao Fogasa.

Despois de ser devolta a notificación da dilixencia de ordenación do 8.5.2013 á codemandada Abraxas Aula 25, S.L. a través do SCACE por estar pechado o local, consúltense as bases de datos informáticas co fin de descubrir novo domicilio desta e únase o seu resultado aos autos. Á vista da investigación domiciliaria e ao non existiren outros domicilios en que practicar a notificación da dilixencia mencionada, así como da presente, procédase a efectuar esta por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Abraxas Aula 25, S.L., publícase o presente no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

A secretaria xudicial