Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32239

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 31 de xullo de 2013 pola que se modifica a autorización por cambio de titularidade do centro privado Breogán, do concello de Vigo.

María Nuria Iglesias Rivadulla, solicita o cambio de titularidade do centro privado Breogán, do concello de Vigo, en representación da comunidade hereditaria da súa nai María de la Concepción Rivadulla Riloba, actual titular do devandito centro privado conforme figura no Rexistro de Centros desta consellería.

Mediante escritura pública notarial, outorgada ante o notario José Antonio Rodríguez González, María Nuria Iglesias Rivadulla cede a titularidade do centro educativo a favor de Colegio Breogán, Sociedad Limitada.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Breogán, código 36010836, a favor de Colegio Breogán, Sociedad Limitada.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros desta consellería.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria