O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios no porto de Moaña (Pontevedra) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.
Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que dispoñen do prazo de 45 días que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.
As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5 A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, rúa Benito Corbal, 37, 3º, 36001 Pontevedra, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de Planificación portuaria.
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia