Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 18 de xullo de 2013 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R001/436/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe de Servizo de Inspección, Vixilancia do Mercado e Seguridade dos Produtos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con domicilio na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001/436/2013.

Interesado: Antonio Martínez Chacón.

CIF: 21966456F.

Acto notificado: acordo de iniciación.