Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2013/15-2, 8098 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: ampliación e reforma de CT Casás.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: CT Casás en edificio non prefabricado, comprende a construción de edificio anexo, no cal se realiza un foso de recolla de aceite, tapas, canles interiores e devasas no foso de recolla de aceite e a obra civil necesaria para a instalación de dous transformadores, queda anelado entre os centros de transformación CT-2 e CT-4 da urbanización Norte H. A instalación eléctrica proxéctase para a instalación de dúas máquinas de 630 kVA, dúas celdas de liña e dúas de protección, inicialmente instálase unha máquina de 630 kVA e unha de 400 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de xullo de 2013

Por ausencia (Artigo 39 do Real decreto 324/2009, do 11 de xuño;
DOG nº 117, do 17 de xuño)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas