Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2013/17-2, 8100 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.

Domicilio social: Pso. Conde de Los Gaitanes, nº 177, 28109 Alcobendas.

Denominación: LSMT 20 kV S/C e CT servizos auxiliares C.A. da subestación Ludrio 400 kV de REE.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV con orixe nunha cela de interruptor proxectada no proxecto centro de seccionamento para servizos auxiliares SE Ludrio (BEGASA) expediente 8097-AT e final nunha cela de liña do CT proxectado na ST Ludrio, cunha lonxitude de 50 metros en condutor RHZ1-150.

– CT ST Ludrio en edificio prefabricado tipo PFU-4, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección por fusible e unha de medida, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de xullo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo