Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANP-CO-0009/2013-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen terse presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente nº: ANP-CO-0009/2013-V.

Interesada: María Dativa Rieiro Medina.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ Cartagena, nº 13, 6º, 15006 A Coruña.