Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33768

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia.

Advertido erro na devandita lei, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 125, do 3 de xullo de 2013, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 26124, no artigo 77.1, onde di: «O consello social está integrado por un máximo de vinte e oito persoas membros...», debe dicir: «O consello social está integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros...».