Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xullo 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a adquisición de mobiliario xeral con destino ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (oito lotes) (AB-SER2-13-004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Número do expediente: AB-SER2-13-004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario xeral.

c) División por lotes e número: oito lotes.

d) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

e) Prazo máximo de entrega: 30 días naturais desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 144.596,00 €.

Orzamento con IVE: 174.967,00 €.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

e) Telefax: 881 54 86 11.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contado desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

f) Admisión de ofertas conxuntas: si, unha.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2013

P.D. (Decreto 311/2009, Orde 15.6.2009)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos