Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas pola transformación en indefinidos de determinados contratos temporais subscritos con mozos e mozas, regulados na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 63, do 2 de abril), relativa aos expedientes TR347E 2008/79-1 e dous máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 26 de xullo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347E 2008/000079-1.

Nome ou razón social: Ecofloat Galicia, S.L.

DNI/NIF: B36994713.

Último enderezo coñecido: paseo do Areal, 15, 1º C, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo E, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347E 2008/000102-1.

Nome ou razón social: Ártabros Stone, S.L.

DNI/NIF: B15949597.

Último enderezo coñecido: avenida Fernández Latorre, 53, 3º D, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo E, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347E 2008/000112-1.

Nome ou razón social: Alemar Multiservicios, S.L.

DNI/NIF: B70075668.

Último enderezo coñecido: avenida Cataluña, 20, 2º, 15578 Narón (A Coruña).