En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 2 de maio de 2013.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: obras.
b) Descrición: contrato de obras de embelecemento do núcleo das Ermidas, O Bolo (Ourense).
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación: 762.245,59 euros, IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 12 de xullo de 2013.
b) Data de formalización do contrato: 24 de xullo de 2013.
c) Adxudicataria: UTE Prace Servicios y Obras, S.A. e Antalsis, S.L.
d) Importe de adxudicación: 541.499,26 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2013
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia