Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34048

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de información pública sobre granxa de produción avícola e froiteira de produción biolóxica.

Xosé María García Villaverde solicitou neste concello licenza de inicio de actividade de granxa de produción avícola e froiteira de produción biolóxica con capacidade para 50 galiñas poñedoras, 50 galiñas reprodutoras, 400 polos/galos de curral de carne ao ano, ademais de 1 carneiro e 5 ovellas; que se desenvolverá nas parcelas nº 4 e 6 do polígono 51 (unidas en escritura pública), sitas no lugar coñecido como Ermiao, s/n, na parroquia de Naraío, coa superficie continua de 7.494 m², na cal se edificarán varias construcións para protección dos animais, especialmente, 1 galiñeiro de 7,95 m², 4 galiñeiros de 8 m², 4 galiñeiros de 15 m², 1 caseta para ovellas de 12 m², 1 caseta para cans de 3 m² cunha entrada cuberta de 1,74 m² e 1 almacén de 12 m² con entrada cuberta de 6 m² e cerramento perimetral das parcelas. En cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Sadurniño), poidan examinar o expediente nas oficinas deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas, sociedades ou entidades que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende iniciar e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

San Sadurniño, 26 de xullo de 2013

Secundino García Casal
Alcalde